Blogia
Andresadas

AMSTEL: Unha campaña en siglas

AMSTEL: Unha campaña en siglas Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 1

Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 2

Estamos ante unha das millores campañas españolas neste ano. A cervexa Amstel decidiu xogar co seu propio nome, facendo unha serie de reclamos publicitarios nos cales empregaba o seu nome para formar un acrónimo. Os dous maís coñecidos son:

A: Amigo
M: Mío
S: Solo
T: Tú
E: Encuentras
L: Leña

E... por outra banda... Hai que ter en conta o cabelo...

A: Amigo
M: Mío
S: Si
T: Te
E: Echaras
L: Laca

Estes spots foron creados todos a partir das siglas, e coas particulares cancións como fío conductor... Nun, o protagonista é un dianteiro de fútbol que grazas a ter unha particular melena chea de laca, pode consegui-lo triunfo (deste modo, Amstel segue potenciando e dándolle continuidade a súa relazón co deporte rei). Noutro, temos a un home que fai todo polos seus compañeiros cada vez que van de acampada. Tece xerseis, fai tortillas, é o único que ten furgoneta e, por suposto, só el atopa leña. Os spots non teñen desperdicio ningún, ademáis de ter unha música pegadiza que será lembrada sempre...

0 comentarios